Asociación dirixida a persoas con epilepsia e familias

A Unión Galega de Epilepsia “UGADE”, constitúese no ano 2000 como unha asociación sen ánimo de lucro dirixida as persoas con epilepsia e as súas familias. Foi a primeira entidade que se fundou en Galicia dedicada a esta condición neurolóxica. A asociación loita para que tódolos galegos con epilepsia teñan unha boa calidade de vida, tanto eles como as súas familias. Concretamente créase co obxectivo de informar, apoiar e orientar. Os nosos obxectivos son:

  • Promover a integración social, laboral, escolar e familiar das persoas  con epilepsia.
  • Sensibilizar as institucións e a sociedade sobre a epilepsia.
  • Ofrecer as persoas con epilepsia e as súas familias, o apoio, o asesoramento e a información necesaria.
  • Prestar apoio xurídico na defensa das persoas con epilepsia.
  • Conseguir a creación de servizos que contribúan a mellorar a calidades de vida destas persoas.
  • Establecer unha estreita relación e colaboración con entidades privadas e públicas, e cos servizos de sanidade e de saúde da nosa comunidades autónoma e o resto do Estado.

Misión, Visión e valores da asociación

Misión

Loitar para normalizar a epilepsia na sociedade e que tódalas persoas que teñen epilepsia estean en igualdade de condicións e de dereitos. Loitar pola radicación do estigma social e dotar de recursos para satisfacer as necesidades destas persoas para que teñan unha boa calidade de vida.

Visión

Ser una organización de referencia para as persoas con epilepsia, alcanzando os obxectivos que se plantexan e traballar de xeito eficaz, eficiente e de calidade.

Valores

  • Valores pragmáticos: Compromiso e participación.
  • Valores éticos: Coherencia, colaboración e confianza.
  • Valores de desenvolvemento: Colaboración e cooperación.

UGADE - últimas novas:

Onte acompañamos a Guerreros Púrpura na súa "3ª carrera guerrera" ós que apoiamos na súa organización. ¡Parabens pola iniciativa "Camino Guerrero"! Unha marabillosa actividade …
Apúntate: https://www.carreirasgalegas.com/events/3-carreira-guerreira/vojQgEmx Vémonos o vindeiro 1 de xullo!
Convidamosvos a asistir a calquera das charlas que se celebraran. Agradecemos a inestimable colaboración do Dr. Francisco Javier López e a Dra. María Dolores …