A EPILEPSIA
A epilepsia é unha desorde neurolóxica común que provoca unha alteración na actividade normal das neuronas, concretamente é unha excesiva actividade eléctrica dun grupo de neuronas que provoca que se produzan crises de forma repetida. Non se trata dunha enfermidade psiquiátrica nin mental, senón que é un problema físico. A epilepsia preséntase maioritariamente: antes dos 12 e despois dos 65 anos. A metade dos casos maniféstase por primeira vez durante a infancia ou a adolescencia.
A epilepsia desencadea na persoa, sensacións, emocións e comportamentos estraños. Algúns síntomas son: convulsións, espasmos musculares, perda momentánea da conciencia, outros síntomas como, mirada perdida, camiñar sen rumbo, mastigación, tremores, movementos torpes ou fala confusa.
A epilepsia é a principal enfermidade neurolóxica crónica segundo o grupo de estudo da epilepsia da Sociedade Galega de Neuroloxía, afecta ó 0.8% da poboación en Galicia (3% da poboación maior de 80 anos), o que supón aproximadamente 18.000 persoas.
As crises epilépticas son as manifestacións da epilepsia nun paciente. A epilepsia desencadea na persoa, sensacións, emocións e comportamentos estraños. Algúns síntomas como, convulsións, espasmos musculares, perda momentánea da conciencia, ou outros síntomas. A aparición das crises débese a excesiva actividade eléctrica dun grupo de neuronas.
Tipos de crises
As crises epilépticas poden ser xeneralizadas ou focais. As crises focais comeza nunha área concreta do cerebro, e as crises xeneralizadas comezan simultaneamente en todo o cerebro.
Crises xeneralizadas
- Crises tónico-clónicas.
- Crises tónicas
- Crises clónicas
- Crises mioclónicas
- Crises atónicas ou acinéticas
- Espasmos
- Ausencias
Crises focais ou parciais
- Crises focais simples
- Crises focais complexas
- Crises focais secundariamente xeneralizadas
Tratamento
- Farmacolóxico.
- Antiepilépticos. Son efectivos no control das crises para un 70% das persoas con epilepsia. Dentro dos antiepilépticos atopamos os chamados “liberdade de crises” (co tratamento axeitado no presentan máis crises) e os de “redución de crises” (que axudan a reducir o número de crises).
- Non farmacolóxico. Cirurxía, estimuladores, dieta cetoxénica, etc.
Como actuar en caso dunha crise
- En ambos tipos de crises débese manter a calma. O máis importante é:
- No se debe agarrar a persoa
- Débense retirar os obxectos perigosos cos que se poida golpear
- Non se debe deixar soa a unha persoa que tivo unha crise
- Débese evitar que haxa moita xente arredor
- Non colocar nada na boca
- As crises non soen durar máis de 1 ou 2 minutos
- Afrouxar a roupa.
DESCARGAS DOCUMENTACIÓN SOBRE EPILEPSIA:
Preguntas Frecuentes
A epilepsia é un trastorno do cerebro cal as células do cerebro, que se chaman neuronas, transmiten a veces as sinais dunha forma anómala. As neuronas envías sinais a outras neuronas e músculos para producir pensamentos, sentimentos e accións. A epilepsia altera a actividade normal das neuronas e pode causar sensacións, emocións e comportamentos estraños, espasmos musculares e perda de coñecemento.
A epilepsia é unha enfermidade neurolóxica que pode afectar a persoas de calquera idade, sexo, raza clase social ou país. Segundo as estatísticas dispoñibles calcúlase que en España unha de cada 200 persoas padecen epilepsia. É dicir, aproximadamente 200.000 españois teñen epilepsia na actualidade, e cada ano 20.000 persoas son diagnosticadas por primeira vez. No mundo, estímase que 50 millóns de persoas teñen.
O fundamental para o diagnóstico dunha crise epiléptica é a historia clínica obtida da persoa con crises, dos familiares ou das testemuñas que viron o que sucedeu, no caso de que a persoa perdese o coñecemento. As probas máis habituais que se levan a cabo nos doentes con epilepsia son o electroencefalograma e as probas de neuroimaxe.
O encefalograma consiste nuns cables que se colocan na cabeza e que rexistran as ondas cerebrais. O electroencefalograma axuda ao diagnóstico da epilepsia, pero algunhas persoas sen epilepsia poden telo alterado e en moitas persoas con epilepsia pode ser normal.
As probas de neuroimaxe son a tomografía computerizada (TAC) e a resonancia magnética. Estas probas proporcionan fotografías da estrutura cerebral.
Co tratamento axeitado, moitas persoas conseguen non ter crises ou unha porcentaxe importante poden deixar a medicación transcorridos uns anos. A base do tratamento consiste nuns medicamentos que diminúen a irritabilidade das neuronas e reducen o risco de que se produza unha crise. Ademais deben seguirse unhas pautas de vida saudables como, durmir as horas necesarias e evitar o alcohol e as drogas. Nos casos nos que non se poden controlar as crises con medicamentos plantéxanse outras posibilidades como intervir quirúrxicamente, estimulador do nervio vago ou dieta cetoxénica.
Hai 5 recomendación que non se deben esquecer:
1. Non perder a calma.
2. Que a persoa non se lesione durante a crise. Deben quitarse os obxectos perigoso do redor (esquinas de mobles, obxectos punzantes, etc). Colocar algo brando debaixo da cabeza, para evitar que se golpee contra o chan. Afrouxar a roupa ao redor do pescozo.
3. No inmobilizar a persoa durante a crise.
4. Non introducir ningún obxecto na boca o darlle auga ou alimentos durante a crise ou pouco despois.
5. Comprobar que a crise finaliza sen problemas. É importante ter en conta a duración, xa que se dura máis de 5 minutos é recomendable chamar aos servizos de emerxencias 112.
Débese esperar ao carón da persoa ata que remate a crise. A maioría das crises teñen unha duración que non se prolonga máis de 3-4 minutos. Rematada a crise, débese colocar a persoa de medio lado e inclinarlle a cabeza (posición lateral de seguridade) para que non afogue con saliva ou posibles vómitos e comprobar que volve pouco a pouco a situación normal. Deixar descansar ata que se recupere.
Información extraída de http://www.fundaciondelcerebro.es/index.php
Servizos e Actividades
Atención e asesoramento gratuito as persoas con epilepsia e familia.
Contacta con UGADE
Faite socio o colabora con nós nas actividades e eventos
Novas
Sección das últimas novas da asociación.