CONTACTO

Contacta ca asociación:





UGADE

Dende o ano 2000 esta asociación loita para que tódolos galegos con epilepsia teñan unha boa calidade de vida, tanto eles como as súas familias.

ugade.epilepsia@gmail.com

653 533 001

Dirección:

Casa das Asociacións de Benestar Social(CABES)
Calle Manuel María, 6 2º 

Santiago de Compostela

Preguntas Frecuentes

Que é a epilepsia?

A epilepsia é un trastorno do cerebro cal as células do cerebro, que se chaman neuronas, transmiten a veces as sinais dunha forma anómala. As neuronas envías sinais a outras neuronas e músculos para producir pensamentos, sentimentos  e accións. A epilepsia altera a actividade normal das neuronas e pode causar sensacións, emocións e comportamentos estraños, espasmos musculares e perda de coñecemento.

Quen pode padecer epilepsia?

A epilepsia é unha enfermidade neurolóxica que pode afectar a persoas de calquera idade, sexo, raza clase social ou país. Segundo as estatísticas dispoñibles calcúlase que en España unha de cada 200 persoas padecen epilepsia. É dicir, aproximadamente 200.000 españois teñen epilepsia na actualidade, e cada ano 20.000 persoas son diagnosticadas por primeira vez. No mundo, estímase que 50 millóns de persoas teñen.

Como se diagnostica a epilepsia?

O fundamental para o diagnóstico dunha crise epiléptica é a historia clínica obtida da persoa con crises, dos familiares ou das testemuñas que viron o que sucedeu, no caso de que a persoa perdese o coñecemento. As probas máis habituais que se levan a cabo nos doentes con epilepsia son o electroencefalograma e as probas de neuroimaxe.

O encefalograma consiste nuns cables que se colocan na cabeza e que rexistran as ondas cerebrais. O electroencefalograma axuda ao diagnóstico da epilepsia, pero algunhas persoas sen epilepsia poden telo alterado e en moitas persoas con epilepsia pode ser normal.

As probas de neuroimaxe son a tomografía computerizada (TAC) e a resonancia magnética. Estas probas proporcionan fotografías da estrutura cerebral.

Como se trata a epilepsia?

Co tratamento axeitado, moitas persoas conseguen non ter crises ou unha porcentaxe importante poden deixar a medicación transcorridos uns anos. A base do tratamento consiste nuns medicamentos que diminúen a irritabilidade das neuronas e reducen o risco de que se produza unha crise. Ademais deben seguirse unhas pautas de vida saudables como, durmir as horas necesarias e evitar o alcohol e as drogas. Nos casos nos que non se poden controlar as crises con medicamentos plantéxanse outras posibilidades como intervir quirúrxicamente, estimulador do nervio vago ou dieta cetoxénica.

Que se debe facer ante unha crise convulsiva xeneralizada?

Hai 5 recomendación que non se deben esquecer:

1. Non perder a calma.
2. Que a persoa non se lesione durante a crise. Deben quitarse os obxectos perigoso do redor (esquinas de mobles, obxectos punzantes, etc). Colocar algo brando debaixo da cabeza, para evitar que se golpee contra o chan. Afrouxar a roupa ao redor do pescozo.
3. No inmobilizar a persoa durante a crise.
4. Non introducir ningún obxecto na boca o darlle auga ou alimentos durante a crise ou pouco despois.
5. Comprobar que a crise finaliza sen problemas. É importante ter en conta a duración, xa que se dura máis de 5 minutos é recomendable chamar aos servizos de emerxencias 112.

Débese esperar ao carón da persoa ata que remate a crise. A maioría das crises teñen unha duración que non se prolonga máis de 3-4 minutos. Rematada a crise, débese colocar a persoa de medio lado e inclinarlle a cabeza (posición lateral de seguridade) para que non afogue con saliva ou posibles vómitos e comprobar que volve pouco a pouco a situación normal. Deixar descansar ata que se recupere.
Información extraída de http://www.fundaciondelcerebro.es/index.php


Servizos e Actividades

Atención e asesoramento gratuito as persoas con epilepsia e familia.


Información xeral

Sobre a enfermedade, cómo tratala e documentos para a súa descarga.


Novas

Sección das últimas novas da asociación.