UGADE CELEBRA O DÍA NACIONAL DA EPILEPSIA CON NUMEROSAS ACTIVIDADES

O pasado venres 24 de maio leváronse a cabo unha xornada de charlas e unha camiñata para con motivo do día nacional da epilepsia. As charlas leváronse a cabo no Complexo Universitario Hospitalario de Santiago (CHUS) ás 12.15, e participaron membros da Unidade de Epilepsia. 

A camiñata celebrouse ás 18.00 horas cun percorrido que ía dende CABES ata a Praza do Obradorio. Numerosas persoas se animaron a percorrer os 2,4 km de distancia para visibilizar a epilepsia. Ao remate levouse a cabo o acto de entrega das mans solidarias en agradecemento as persoas e institucións que colaboraron con UGADE.