Estimados socios e socias:
Como algúns xa sabedes o pasado 27 de novembro renovouse a xunta directiva de UGADE, continuan o noso lado alguns membros do anterior equipo para axudarnos a emprender una nova etapa. Na que tentaremos continuar cos principios de cercanía, humanidade e integración que caraterizan a asociación.
A nova directiva estará formada por:
Presidenta: Luisa Martínez Castro
Vicepresidenta: María José Pombo Lamas
Secretaria: María Purificación Rodríguez Estévez
Tesoureiro: Rubén Vázquez Vázquez
Vogais: Yolanda Estévez Barreiro, Yolanda Morante Morante, Diego Porta Gude, María da Mar Caamaño Valle.
Afrontamos con moita ilusión esta nova etapa e aquí vos deixamos algún dos obxetivos:
- Acadar espacios físicos similares o que a asociación ten en Santiago, nos principais hospitais de Galicia o no seu defecto nas cidades más pobladas para poder dar un primeiro apoio os pacientes con epilepsia ou as súas familias.
- Buscar apoio de profesionais da psicoloxía para a normalización da enfermedade. Chegar a formar grupos de apoio mutuo que faciliten unha maior integración das persoas na vida social e participativa da comunidade.
- Charlas divulgativas, orientadas a un coñecemento xeral da enfermidade no ámbito educativo.
- Ampliar o número de socios.
Como vedes son obxetivos ambiciosos, polo que tamén nos gustaría fomentar a colaboración activa dos socios. Por iso nos gustaría que a volta desta carta nos responderades a estas preguntas.
Podedelo facer por correo electrónico a ugade epilepsia@email.com ou por correo postal a oficina de Cabes na rúa Manuel María, 6 – 1º andar, despacho 2. 15705 Santiago de Compostela.
- ¿A asociación cumpre ás túas expectativas?
- ¿E doado contactar coa asociación?
- Qué votas de menos?
- ¿Qué opinión tedes da cuota de socio?
Sin mais, despedimonos e esperemos que en breve se poidan realizar de novo encontros e actividades.
