O pasado sábado 8 de marzo pasamos unha tarde con Andrea Lozano, axente de saúde, que conversou con familias sobre os problemas mais habituais da convivencia coa epilepsia.
Na súa visita a Galicia tamén dará varios talleres de formación sobre epilepsia. O luns, 10 e martes 11 no CEIP «O COTO» de Negreira para alumnos e personal laboral do centro. O mércores trasladarase a Rianxo onde se celebrará unha xornada de formación a que asistiran tamén Álvaro Juiz, neurólogo do Hospital Clinico Universitario de Santiago e Felipe Barral DUE da unidade de neurociruxía.






