Charla sobre discapacidade.

Co gallo das últimas modificacions legais en materia de discapacidade convidamosvos a unha sesión informativa sobre a materia. Coa axuda de dúas avogadas de COGAMI tentaremos aclarar dúbidas sobre o novo procedemento e cambios que puideran afectar ás persoas con epilepsia.

CELEBRADA EN VIGO UNHA REUNIÓN PARA MOSTRAR OS ÚLTIMOS AVANCES EN INVESTIGACIÓN E DISPOSITIVOS DE AXUDA

O pasado sábado ás 11 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo celebrouse unha reunión onde ademais de compartir información sobre investigación e dispositivos útiles para as persoas con epilepsia, puidemos facer entrega da man solidaria a Puri, en representación da Escola Infantil Xoaniña. Grazas a tod@s por vir!

UGADE CELEBRA O DÍA NACIONAL DA EPILEPSIA CON NUMEROSAS ACTIVIDADES

O pasado venres 24 de maio leváronse a cabo unha xornada de charlas e unha camiñata para con motivo do día nacional da epilepsia. As charlas leváronse a cabo no Complexo Universitario Hospitalario de Santiago (CHUS) ás 12.15, e participaron membros da Unidade de Epilepsia.  A camiñata celebrouse ás 18.00 horas cun percorrido que ía … Read more