Andaina do día da epilepsia.

O pasado 24 de maio celebrouse o día da epilepsia con este motivo xuntámonos nunha andaina en Coruña.

Recorremos os 4 kilómetros que separan a Cidade Deportiva de Riazor da Torre de Hércules nunha mañan calurosa.

Preparados para iniciar o camiño.
Subindo hacia a Torre.
Descansando despois da subida.

Con esta andaina pretendemos visibilizar a epilepsia, por que ¿sabes o que é?

  • É unha alteración na actividade eléctrica normal das neuronas
  • Xera crisis repetidas, e algúns dos síntomas poden ser convulsións, espasmos musculares, perda momentánea da conciencia ou outros.
  • Non é una enfermedade mental, é un problema físico.

O noso agradecemento o Concello da Coruña e a Supermercados Gadis.