Asociación dirixida a persoas con epilepsia e familias

A Unión Galega de Epilepsia “UGADE”, constitúese no ano 2000 como unha asociación sen ánimo de lucro dirixida as persoas con epilepsia e as súas familias. Foi a primeira entidade que se fundou en Galicia dedicada a esta condición neurolóxica. A asociación loita para que tódolos galegos con epilepsia teñan unha boa calidade de vida, tanto eles como as súas familias. Concretamente créase co obxectivo de informar, apoiar e orientar. Os nosos obxectivos son:

  • Promover a integración social, laboral, escolar e familiar das persoas  con epilepsia.
  • Sensibilizar as institucións e a sociedade sobre a epilepsia.
  • Ofrecer as persoas con epilepsia e as súas familias, o apoio, o asesoramento e a información necesaria.
  • Prestar apoio xurídico na defensa das persoas con epilepsia.
  • Conseguir a creación de servizos que contribúan a mellorar a calidades de vida destas persoas.
  • Establecer unha estreita relación e colaboración con entidades privadas e públicas, e cos servizos de sanidade e de saúde da nosa comunidades autónoma e o resto do Estado.

Misión, Visión e valores da asociación

Misión

Loitar para normalizar a epilepsia na sociedade e que tódalas persoas que teñen epilepsia estean en igualdade de condicións e de dereitos. Loitar pola radicación do estigma social e dotar de recursos para satisfacer as necesidades destas persoas para que teñan unha boa calidade de vida.

Visión

Ser una organización de referencia para as persoas con epilepsia, alcanzando os obxectivos que se plantexan e traballar de xeito eficaz, eficiente e de calidade.

Valores

  • Valores pragmáticos: Compromiso e participación.
  • Valores éticos: Coherencia, colaboración e confianza.
  • Valores de desenvolvemento: Colaboración e cooperación.

UGADE - últimas novas:

Co gallo das últimas modificacions legais en materia de discapacidade convidamosvos a unha sesión informativa sobre a materia. Coa axuda de dúas avogadas de COGAMI …
Nos últimos meses, debido os problemas de suministro de medicamentos, os pacientes  estamos a recorrer varias farmacias antes de atopar a medicación que necesitamos. Para intentar facilitar a …
Ás últimas modificacions legais sobre discapacidade están a afectar a moitas persoas con epilepsia. Nesta charla contaremos con dúas avogadas que tentarán resolver as dúbidas …